Recollida de residuos sólidos urbanos
SOAMENTE SE PODERÁ DEPOSITAR O LIXO NO COLECTOR CORRESPONDENTE DE RECOLLIDA SELECTIVA DE 20.00 A 22.00 HORAS DURANTE TODOS OS DÍAS DA SEMANA (NA MEDIDA DO POSIBLE É RECOMENDABLE EVITAR TIRAR O LIXO OS DOMINGOS) XA QUE NON HAI SERVIZO DE RECOLLIDA DE COLECTORES.
-
Colector verde -
fracción resto:
- Casco urbano do Barco e Viloira: frecuencia de recollida diaria excepto domingos e festivos. Horario de recollida: 22.00-04.30 da noite.
- Éntoma, Vilanova, O Castro, Veigamuiños, A Proba, Polígono Industrial, A Barxa, Viloval, Forcadela, Nogadelo, Outarelo, O Corrego, Xagoaza e Ferradal: frecuencia de tres veces por semana (luns, xoves e sábado). Horario de recollida: 06.00-10.30 da mañá.
- Resto de núcleos de poboación: frecuencia de recollida dúas veces por semana (martes e venres). Horario de recollida: 06.00-10.30 da mañá.
- Recollida selectiva de envases: frecuencia de recollida dúas veces por semana (martes e venres). Horario de recollida: 06.00-12.30 da mañá.
- Recollida selectiva de papel e cartón en colector: frecuencia de recollida dúas veces por semana (mércores e sábado). Horario de recollida: 06.00-12.30 da mañá.
- Colector azul dos colexios: frecuencia de recollida dúas veces por semana (martes e venres), de 09.00-12.30. Sacar o colector a primeira hora da mañá e gardalo cando estea baleiro.
- Recollida selectiva de papel cartón porta a porta: frecuencia de recollida dúas veces por semana (Martes e venres) de 9.00 a 12.00. Debese sacar o papel cartón antes das 12.00.
- Recollida selectiva de vidro: frecuencia de recollida segundo necesidade.
- Recollida selectiva de pilas: en función das necesidades de recollida e as solicitudes que existan.
- Requisitos:
- Inscrición – Solicitude para recollida de pilas
Teléfono: 699095973
