Punto limpo
Punto Limpo Municipal
- Horario:De luns a sábado de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.40 horas.
- Localización:Estrada Nacional 536, á saída de Viloira e a carón da ITV
- Xestión:
- Soamente se admiten residuos xerados por particulares e os producidos en pequenos comercios, oficinas e servizos cando sexan asimilables a urbanos ou municipais.
- Prohíbese a entrada de residuos de orixe industrial, excepto os seguintes residuos:plásticos varios, papel e cartón, ferraia e madeiras. En ningún caso se admitirán residuos perigosos de orixe industrial.
- O punto limpo ofrece servizo ao concello do Barco de Valdeorras e permitirá que os particulares de concellos limítrofes que non dispoñen destas instalaciones,depositen nel os seus residuos.
- O traslado de residuos corre a conta do cidadá, cos seus propios medios de transporte.
RESIDUOS ADMITIDOS
RESIDUOS NON ADMITIDOS
Papel e cartón
Envases de vidro e cristal plano
Envases de plástico, briks e latas
Plásticos varios( PVC, PET, etc)
Madeira
Restos metálicos de fogares(ferralla)
Electrodomésticos sen CFC: (liñ marrón: televisións, videos, lectores de DVD, equipos de música); (liña branca: lavadoras, lavalouzas, vitro-cerámicas, microondas, fornos, cociñas, encimeiras de gas e eléctricas, campás extractoras, quecedores);(liña gris: computadoras, monitores, impresoras, ordenadores portátiles, xoguetes)
Residuos voluminosos (mobles, colchóns, somieres , etc)
Residuos procedentes de obras menores
Cubertas de rodas de coche, motos e bicicletas
Cubertas de rodas de tractor
Téxtiles
Lodos de pintura e verniz
Pilas (botón, alcalinas e salinas)
Baterías de chumbo
Tubos fluorescentes
Lámpadas haloxenas
Tóner e cartuchos de impresión.
Aerosois
Electrodomésticos con CFC: frigoríficos e conxeladores
Aceites minerais e filtros procedentes de particulares
Aceite usado vexetal
Envases baleiros de residuos perigosos
Trapos e papel contaminado
Filtros de aceite e combustible
Calquera tipo de residuo admitido no punto limpo mesturado con outro
Residuos sen identificar
Calquera tipo de residuo perigoso cando sexa depositado por unha empresa ( de orixe industrial)
Lixo doméstica recollida no colector verde
Residuos perigosos que non sexan os especificamente indicados na columna do lado
Animais mortos
Residuos agrícolas ou gandeiros
Residuos procedentes da limpeza viaria
Residuos perigosos que sexan entregados en envases de mal estado.
Recipientes voluminosos que contiveran materiais tóxicos ou perigosos
Residuos infecciosos, clínicos, bio-sanitarios ou citotóxicos
Materiais explosivos, inflamables ou radioactivos
CONDICIÓNS DE ACEPTACIÓN DE RESIDUOS
- Papel e cartón: as caixas de cartón deberanse abrir e comprimir para reducir o volume dos residuos. Do mesmo xeito, o papel deberase presentar en bolsas ou caixas para evitar o seu esparcemento.
- Plástico vexetal: presentarase libre de restos orgánicos e debidamente pregado para reducir o seu volume.
- Vidro, fluorescentes e cristais varios: os residuos de cristais deberán acondicionarse de tal xeito que se evite a rotura e poda ocasionar riscos de seguridade para as persoas encargadas na manipulación dos residuos.
- Escombros: debido á naturaleza destes residuos, deberanse presentar en sacos, cestos ou bolsas de plástico de 25 quilos como máximo.
- Aceites minerais ou vexetais: presentaranse en garrafas ou botellas de plástico. Ambos residuos non se poderán mesturar.
- As baterías de automóbiles deberán levar cerrados os depósitos que conteñen os ácidos para evitar o seu vertido e risco de queimaduras dos operarios que manipulen ditos residuos.
- Disolventes, pinturas e vernices: prohíbese a mestura destas sustancias.
- Frigoríficos e electrodomésticos con CFC: entregaranse sen que se produza a rotura do circuíto de refrixeración
