2009

Albergue Xagoaza

 

Composteiros domésticos.

O concello repartiu 100 composteiros a famílias que foron anotándose desde o ano pasado neste proxecto. Estas familias con horta ou finca poden aproveitar os restos orgánicos da comida, os restos de poda e herva para encher o composteiro e facer compost.  Tamén poden pedir a biotrituradora no Punto Limpo para trocear os restos de poda para axilizar o proceso.

Desta forma redúcese significativamente a cantidade de materia orgánica no lixo doméstico desas familias e aproveitanse os restos de poda das hortas para conseguir un compost de calidade que será utilizado pasados uns meses para o enriquecemento das terras das hortas e fincas dos participantes.

 

 

 

Placas fotovoltaicas de Calabagueiros

No pabillón de Calabagueiros instaláronse unhas placas fotovoltaicas para obter electricidade a partir dun recurso renovable como é a enerxía solar. Desta forma consíguese electricidade nun proceso no que non hai emisións contaminantes, nin impactos negativos no medio ambiente.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng