Investimentos para o ano 2008

  • Instalación de cloradores automáticos con alimentación solar en depósitos da zona rural no concello do Barco de Valdeorras

No ano 2008 continuamos coa instalación de cloradores automáticos con dosificación de cloro e elimentación solaren tres núcleos de poboación: Santigoso ,Fervenza e Veigamuiños.

Os novos aparatos de medida e dosificación de cloro son capaces de dosificar o cloro proporcional con un intervalo de mostraxe fixado , evitando así a cloración manual que en moitas ocasións supón unha incorrecta dosificación do mesmo. Ademais permiten obter rexistros dos niveis de cloro do depósito a cada hora, mantendo así un control preciso sobre a potabilidade da auga. Se os niveis de cloro se manteñen sempre dentro do rango establecido como correcto (0,2 -1 mg cloro/l) ,isto concretarase nunha analítica de auga apta para cada un dos núcleos nos que se instalaron estes equipos.

  • Instalación fotovoltaica conectada á rede na cuberta do pabellón polideportivo de calabagueiros

Este proxecto ten por obxecto a instalación fotovoltaica de 8,250 Kw nominais do inversor e Potencia Pico 9,030 KWp do campo de paneis coa finalidade de fomentar as enerxías renovables.

Esta é unha instalación xeradora de enerxía eléctrica que se conectará á rede pública, que se caracteriza por ser simple, silenciosa, de longa duración, elevada fiabilidade, apenas require mantemento e non produce contaminación ambiental.

A central fotovoltaica disporá de 42 módulos fotovoltaicos que se colocarán sobre estruturas de aluminio.

Existen varios factores polos que un sistema fotovoltaico non pode ter un rendemento do 100%, polo tanto a potencia real que terá o sistema en funcionamento será menor que a teórica:

  • Rango de potencia do módulo.

  • Dispersión de parámetros entre módulos.

  • Efecto de temperatura.

  • Perdidas por sucidade.

  • Perdidas por inclinación e sombras.

  • Degradación fotónica.

  • Rendemento do inversor.

  • Perdidas de cableado.

Tendo en conta unha radiación estimada e un 80% de rendemento global do sistema, teremos unha produción estimada de 11.368 Kwh.

Si se confirman as condicións do borrador do novo R.D. que regula o prezo de compra da enerxía xerada (0,33 €/Kwh) para instalacións sobre cuberta, teremos unha facturación estimada o primeiro ano de 3.751€ + IVE



OBarcoDeValdeorras

  • Rus
  • Eng