Obxectivos e usos do Telecentro
A Rede de Telecentros de Comunicación é un servizo público e gratuíto para tódolos cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración cos Concellos onde se sitúan ditas aulas. O Centro Multimedia de Galicia, unidade do Servizo de Xestión do Centro Superior de Documentación (Subdirección Xeral de Telecomunicacións e Audiovisual), encárgase da xestión da Rede de Telecentros de Comunicación realizando, de forma coordinada, a posta en marcha de actividades formativas e a implantación de servizos e de accións de sensibilización e acercamento da poboación.
Os obxectivos da Rede de Telecentros de Comunicación son os seguintes:
- Ser un espazo aberto de comunicación.
- Familiarizar á cidadanía coas novas canles e soportes audiovisuais de comunicación.
- Facilitar o acceso público a Internet como medio de comunicación favorecendo a democratización de acceso aos servizos que proporciona a Sociedade da Información.
- Alfabetizar dixitalmente aos grupos máis afastados do desenvolvemento e implantación das novas tecnoloxías.
- Mellorar a formación profesional dos profesionais do sector audiovisual e multimedia.
Os Telecentros de Comunicación pódense utilizar para realizar:
- Cursos formativos e poñencias.
- teleformación.
- roldas de prensa.
- videoconferencias/multivideoconferencias, reunións de traballo, etc.
- visionado de audiovisuais.
- edición e creación de material multimedia e/ou audiovisual.
Máis información da rede de telecentros :
http://telecentros.comunicacion.xunta.es/
Máis información do telecentro do Barco de Valdeorras :
http://telecentros.comunicacion.xunta.es/telecentro.php?aulaid=28

