Investimentos para o ano 2007

Instalación de cloradores automáticos con alimentación solar en depósitos da zona rural no concello do Barco de Valdeorras


Nas zonas rurais resulta moi difícil manter un control da calidade da auga de consumo humano dadas as características dos abastecementos. Por este motivo no Concello do Barco instalamos cloradores automáticos en seis núcleos de poboación: Vilariño, O castro, Alixo, Soulecín, Millarouso e Santa Mariña. Para contribuír á eficiencia enerxética o equipo de cloración alimentase de enerxía solar por medio de paneis fotovoltaicos.

Estes aparellos teñen un analizador de cloro libre e debese programar un punto de consigna para a dosificación do cloro, de tal xeito que cando o valor da medida é inferior ao punto marcado activase un sistema que permite a dosificación de cloro proporcional ao intervalo de mostraxe fixado.

Ademais de potenciar as enerxías limpas, con esta medida pretendemos conseguir outros obxectivos relacionados ca sostibilidade local:

  • Mellorar a calidade de vida nas zonas rurais, mediante a prestación de infraestruturas e servizos básicos, despois de constatar deficiencias no servizo de cloración da auga de consumo humano.

  • O logro dunha axeitada cobertura de servizos mínimos, neste caso aumentando a calidade da auga potable, resulta de vital importancia para contrarrestar a tendencia ó despoboamento de áreas rurais e aumentar o atractivo destas zonas.


OBarcoDeValdeorras

  • Rus
  • Eng