Fundamento
Implantación dun Sistema de Xestión Ambiental nos edificios do Concello
Obxectivo
O obxectivo básico é lograr o desenvolvemento e a implantación dun sistema de Xestión acorde coa Norma UNE-EN-ISO 14001:04 e co Regulamento EMAS nas tarefas administrativas da casa do concello ( en tres localizacións distintas, o Edificio Multiusos, a Casa do Concello , e a Casa da Cultura).
Liñas de acción
·
Mellorar a calidade dos servizos que se prestan
grazas a definición e documentación de
procedementos e instrucións de traballo e a
adopción de medidas correctoras e
preventivas.
·
Sensibilizar ó persoal de cara os problemas
ambientais e a vontade de participación.
·
Redución de posibles infraccións medioambientais
grazas o coñecemento e cumprimento da lexislación
aplicable.
·
Redución de custes:control do gasto, consumo de
enerxía e auga fundamentalmente.
Medidas concretas
·
Establecer unha política medioambiental adecuada
para a organización.
·
Identificar os aspectos medioambientais da súa
actividade.
·
Identificar os requisitos legais e regulamentarios
aplicables.
· Fixar
os obxectivos e metas medioambientais.
·
Establecer programas de traballo para alcanzar os
obxectivos e metas.
·
Planificar o control, seguimento e auditorías para
asegurar que se cumpre a política e que o
sistema segue sendo apropiado.
·
Establecer mecanismos para buscar sempre a mellora
continua.
Ventaxas
- Aforro de recursos e redución de custes.
- Xestión medioambiental de calidade.
- Xestión dos riscos medioambientais.
- Garantía de cumprimento da lexislación medioambiental.
- Asesoramento de calidade por parte de verificadores externos.
- Información medioambiental validada independentemente.
- Uso do logo EMAS como ferramenta de marketing.
- Mellores relaciones cos clientes, o entorno local e a administración.
- Mellor entorno de traballo e maior compromiso dos empregados.
