Axencia Local de Sostibilidade


A Axencia está operativa no terceiro andar do Edificio Multiusos como un servizo de coordinación, dinamización social e atención ao cidadán dentro dun operativo máis amplo do chamado Plan Integrado de Sostibilidade Local no que está integrado o noso concello.

O Barco de Valdeorras é un dos sete municipios galegos incluídos pola Xunta de Galicia dentro dos Núcleos de Sostibilidade Integrada. Esta denominación identifícaos como preferentes na percepción de axudas ou na execución de investimentos de carácter medioambiental por parte da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, así como os que puidesen realizar outros departamentos da Xunta de Galicia, do Goberno Central ou Europeo e que teñan relación coa execución do Plan Integrado de Sostibilidade Local, que se baseará fundamentalmente no plan de acción da axenda 21 local.

Actividades de sensibilización e educación sobre a sostibilidade

Sistema de Xestión Medioambiental

Axenda 21 Local

Investimentos

OBarcoDeValdeorras

  • Rus
  • Eng