Xestión de resíduos: Punto Limpo e Miniplanta de compostaxe


Instalacións do Punto Limpo en Viloira

PUNTO LIMPO

Enderezo: Viloira, a carón da ITV / Tel:  988 320202 (Concello) / 616402885 (Punto Limpo) / Horario:  De luns a venres, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:30 h.

Que é un Punto Limpo:

Os puntos limpos son áreas de contribución voluntaria onde os cidadáns achegan determinados residuos urbano. Calquera particular pode ser usuario do Punto Limpo, tendo en conta as seguintes condicións:

-        O traslado corre a cargo do produtor.

-        Os residuos non deben estar mesturados entre si.

-        O responsable do Punto Limpo, por causas debidamente xustificadas, pode non aceptar un residuo.

-        En ningún caso se depositarán no Punto Limpo residuos catalogados como perigosos, salvo os producida no ámbito doméstico.

-        O depósito de residuos deberao realizar o propio usuario das instalacións, segregando as fraccións nos colectores identificados ó efecto.

-        Poderase establecer un límite diario por persoa para o traslado de residuos ó Punto Limpo.

Que podemos levar ao Punto Limpo:

-        Residuos perigosos do fogar (disolventes, pinturas, fluorescentes, sprays, produtos de limpeza, etc.), en cantidades producidas nos fogares. Residuos voluminosos de orixe domiciliaria (colchóns, somieres, frigoríficos, lavadoras e electrodomésticos de grandes dimensións). Aparellos electrónicos (ordenadores, teléfonos, etc). Escombros de obras menores domiciliarias (ata 500 Kg.). Pilas e baterías. Aceite vexetal de cociña. Aceite de automoción. Madeiras (anacos grandes). Téxtiles. Papel, cartón.Vidro (envases, cristais de fiestras, espellos, etc). Pneumáticos de vehículos.


Composteiro doméstico

MINIPLANTA DE COMPOSTAXE

Enderezo: Viloira, a carón da ITV / Tel:  988 320202 (Concello) / en fase de construción. 

Este proxecto piloto consiste na construción dunha pequena planta  de compostaxe de 500 Tm/ano de capacidade, na que se recollerán os residuos vexetais  producidos polo concello (xardinaría municipal), os residuos de xardín recollidos  selectivamente á poboación e mais os lodos da EDAR do Barco. Estes residuos chegarán triturados á planta, onde serán dispostos nunha única pía que se aireará por volteo. Pasado o tempo de compostaxe o material desta pía será peneirado e pasado á etapa de maduración, que terá lugar en pías descubertas na propia planta.

O compost producido será utilizado, en parte, polo servizo de xardinaría do concello e, noutra parte, como emenda en diversos proxectos de restauración ambiental.

Aínda que en principio non se contempla unha utilización comercial do produto obtido, esta é unha opción que cómpre ter en conta a medio prazo, sempre que os parámetros físico-químicos do compost o sitúen dentro dos fertilizantes orgánicos de clase alta. Isto non debería ser difícil, dado que se traballará con material recollido selectivamente e relativamente libre de metais pesados.

Coa execución deste proxecto preténdese solucionar, en parte, o problema dos residuos biodegradables do Concello do Barco, e obter datos extrapolables a outros concellos similares  de Galicia.

Agárdase ademais  que deste proxecto se deriven unha serie de consecuencias positivas:

 ·        Unha maior concienciación  da poboación en temas ecolóxicos, que dará lugar a cambios de hábitats en diferentes aspectos como a separación de residuos.

·        Tenderase a substituír unha práctica nociva como a queima de residuos por outra na que se recupere o valor da materia orgánica contida neles.

OBarcoDeValdeorras

  • Rus
  • Eng